Tempo, Memoria e Democracia

Mar 01 2010

A verdadeira democracia é un proceso colectivo, participativo e complexo que require de tempo. Tempo para participar, para propor, para reflexionar, para discutir, para executar, para rectificar, para analizar, para confrontar modelos…, en síntese, tempo para que a cidadanía faga súa a cuestión pública e manteña ecoloxicamente a vida democrática, no presente e no futuro.

Unha democracia sen tempo é unha falsificación, unha farsa, unha re-presentación carente de franqueza e autenticidade. É unha ferramenta instrumentalizada polas grandes corporacións para deturpar os obxectivos dunha verdadeira democracia e, así, converter ao pobo nun consumidor de políticas prefixadas por políticos prefesionalizados que invirten o seu tempo en xerenciar este sucedáneo de democracia no que vivimos.
Namentres adormecen e desmovilizan a participación da cidadanía na vida pública eles invirten o seu tempo da destrución dos paradigmas polos que loitaron os nosos maiores.

Igual que a verdadeira democracia a construción da memoria colectiva –instrumento eficaz para manter viva a tradición democrática dos nosos pobos–, precisa de cidadáns activos, sensibles e dispostos a aportar o seu tempo para o ben común.

No responses yet

Deixar resposta