Pouco sexo, moitas mentiras e vídeos basura

Ago 30 2010

Se lle dás moito ao click, se estás cheo de amigos no Facebook, se estás nos primeiros postos do ranking dos blog más activos, estarás, tamén, entre as persoas menos folladoras. Ollo…, que a rede non cubra o fermoso bosque da sexualidade!

Os xornais, radios e televisións de todo o mundo difunden entusiastas a nova da saída dos efectivos militares de EEUU dedicados a tareas bélicas en Irak. Os outros 50.000 militares que quedan no país, esnaquizado pola invasión imperialista, van estar adicados á cruzar mutilados nas esquinas, ler contos aos nenos horfos e «restaurar» o himen ás mulleres violadas?

A maioría dos vídeos na rede «falan mal» e converten a este novo espazo nun enorme estercoleiro. Os militares estadounidenses ou israelíes amosando ás súas vítimas non son os únicos que contribúen a isto: a programación das televisións comerciais son as principias responsables deste lixo virtual.

Para rematar: Máis sexo, máis verdades e máis sétima arte!

No responses yet

Deixar resposta