Xan Leira » Reflexións

Sen anestesia…
Aos 75 anos do alzamento militar fascista de 1936

A historia e as identidades son construcións complexas, colectivas e en constante transformación…

Supoñamos que falamos dun territorio peninsular diverso e unha grande  parte do mesmo gobernado por unha cultura de poder «tolerante» coas  outras expresións relixiosas e culturais que o habitan.

Supoñamos que unha desas minorías rebélase e na confrontación bélica  gaña a batalla militar, relixiosa e cultural e o botín de guerra é,  entre outras cousas, o saber e a intelixencia da época que caracterizaba  a este reino.

Supoñamos que ese territorio diverso convértese nun territorio  gobernado por un fundamentalismo relixioso que fai do medo a deus e da  obrigada conversión relixiosa a condición sine qua non para manter a  vida e a facenda.

Supoñamos que esa «nova orde» fundamentalista, que fai da ignorancia e  da violencia contra os seus diferentes o seu signo de identidade,  mantense ao longo dos séculos nunha irmandade perversa entre a coroa, a  igrexa católica e a forza militar.

Supoñamos que o atraso imposto forza á emigración de millóns dos seus  habitantes ás novas terras conquistadas en América e nas novas terras  emprenden un camiño persoal e colectivo da emancipación.

Supoñamos que a nova identidade construída neste reino  fundamentalista –durante séculos e de xeito ininterrompido–, está  sustentada no medo, na violencia, na ignorancia e no atraso cultural e  material dos seus habitantes, a paisaxe humana é desoladora.

Supoñanos que oitenta anos atrás, en 1931, estas maiorías  represaliadas e castradas durante séculos, máis a forza transformadora  dos irmáns emigrados ás repúblicas americanas, fraguan os alicerces dun  estado tolerante e democrático, que manteñen difícilmente durante cinco  anos.

Non é por desidia! Mais repito un dos primeiros parágrafos desta reflexión, agás algún cambio. Supoñamos  que unha minoría rebélase e na confrontación bélica gaña a batalla  militar, relixiosa e cultural e o botín de guerra é, entre outras  cousas, o saber e a intelixencia da época que caracterizaba a esta República.

Insisto no recurso de cortar e pegar e aseguro que non é por  preguiza, mais vou modificar en parte os contidos doutro parágrafo. Supoñamos  que esa «nova orde» fundamentalista, que fai da ignorancia e da  violencia contra os seus diferentes o seu signo de identidade, mantense  ao longo de 4 décadas nunha irmandade perversa entre a coroa –agora na cabeza de Francisco Franco e o falanxismo asesino–, a igrexa católica e a forza militar.

Supoñamos que ao longo destas décadas de terror e xenocidio  franquista houbo centos de miles de mortos, desaparecidos, exiliados e  millóns de persoas emigradas… Qué tipoloxía de personalidade creouse ao  longo deste longo e escuro tempo?

Quen quedou vivindo neste territorio mantendo e transmitindo os  valores da nova orde franquista?: Os valientes ou os cobardes; os  capaces para emprender novas vidas ou os incapaces desa aventura; os  creadores ou os mediocres…

Quen argallou a «transición democrática», a restauración da  monarquía, a nova constitución e un longo etcétera que asegura a actual  orde establecida e que permite, 75 anos despois do comezo do xenocidio, a  impunidade deste proceso de exterminio que ofende verdadeiramente a  calquera persoa non «asimilada».

Perdón pola repetición doutro parágrafo e xa remato! Supoñamos que a nova identidade construída neste reino agora constitucionalista –durante séculos e de xeito ininterrompido agás polos cinco anos de República–,  está sustentada no medo, na violencia, na ignorancia e no atraso  cultural e material dos seus habitantes, a paisaxe humana é desoladora.

18 de xullo de 1936 – 2011: Tres xeracións de españois seguen,  pasivamente, sendo transmisores dos rancios e aberrantes valores  fundamentalistas dos reis católicos, recuperados polo franquismo  xenocida e reformulado polo status quo da España posmoderna.

Por favor…, supoñamos que estou equivocado!

Crónicas da Galiza mártir, de Xan Leira

Memoria, indignación e democracia
«Sexamos realistas, pidamos o imposible… democracia real xa!»

Dende o 15 de maio pasado vivimos en España un fenómeno de contestación e rexeitamento a unha democracia formal posta exclusivamente ao servizo das grandes multinacionais.

Dende ese intre Galicia situouse –aínda que un dos promotores deste movemento sexa un galego de Compostela– no furgón de cola desta protesta civil. Santiago, a Coruña e Vigo canalizan a indignación duns poucos centos de persoas. Por suposto que a cantidade non vai en detrimento da calidade da protesta que comparto.

Onte, 21 de maio, estiven por primeira vez na acampada de Vigo, na compañía da miña familia e amigos e, ao explicarlle aos cativos o sentido da protesta, sentinme dobremente indignado.

Indignado non soamente polas inxustizas da orde social, ética e económica inxusta que condiciona o noso presente e o futuro, senón, tamén indignado polo desinterese endémico que semella que temos os galegos polas cousas públicas e globais que non teñan que ver coas nosas verzas.

Outra imaxe nacida da memoria veu a alimentar o meu desacougo. O 20 de xullo de 1936 uns poucos centos de persoas saíron en Vigo a defender a II República. A historia posterior xa a sabemos, e sabemos, tamén, que os galegos xustificamos a nosa inmobilización daquel intre ao carácter rural, pouco urbanizado e desvertebrado da nosa sociedade…

Retornemos ás prazas dos indignados!

É importante dicir que os mesmos motivos que levan aos indignados e indignadas de España a rebelarse contra unha orde social inxusta, inmoral, explotadora e que deixa fóra do sistema a millóns e millóns de persoas, actúa, tamén, na nosa terra galega onde medran as verzas.

Galicia e os galegos temos moitos retos por diante, que por extensos non vou nomear agora, mais un deles é procurar en nós mesmos, no noso interior –onde tamén fermentan as verzas pero un pouco máis arriba– a nosa incapacidade para indignarnos, para rebelarnos e actuar publicamente en consecuencia.

Quero para o meu fillo unha Galicia máis digna e mellor!

Enchamos as prazas galegas de dignidade!

1848 – 26 de febreiro – 2011
Nun día coma hoxe de 1848 Carlos Marx e Federico Engels publicaban o «Manifesto Comunista», como expresión e diagnose do bulir das sociedades da época. As rúas e prazas das cidades europeas comezaban a expresar o descontento e o rexeitamento ás novas formas de explotación capitalista que se ensaiaban na sociedade. A represión e morte dos traballadores marcaron a marcan a resistencia ás inxustizas.

Hoxe, en moitas prazas do mundo árabe a xuventude protagoniza xornadas históricas para rachar –e ogallá sexa para sempre– co poder das súas novas e vellas oligarquías –nalgúns casos, maquilladas baixo as múltiples formas de pseudodemocracias, de procesos de liberación nacional, de gobernos anticolonialistas, revolucións verdes, etc, etc, etc. O «poder», baixo as formas da intolerancia, da represión, da exclusión social e política, da falta de respecto aos dereitos humanos, da fame material e espitual –segundo os casos–, está cuestionado. A xuventude e os pobos árabes queren liberdade, respecto, democracia, benestar, futuro e protagonismo na vida pública. A morte de centos ou miles de persoas, maiormente moza, marcan, outra volta, a resistencia ás inxustizas.

Hoxe, nas prazas e rúas de toda España e Galicia –como ben sucedendo dende hai anos todos os fins de semana–, unha parte significativa da nosa xuventude fai a súa propia marcha. Neste caso é unha marcha cara a ningures, cara o botellón, cara o alcol e as drogas. Unha marcha trepidante cara a impotencia! Mais, tamén nestas marchas de graxas saturadas e calimocho, de anfetas e ron, a morte é o premio, neste caso, á pasividade e á imbecilidade.

Europa, España, Galicia, territorios cunha poboación enormemente envellecida e unhas estruturas de poder tan anquilosadas, conservadoras e oligárquicas –mais alá das formas e aparencias–, se están preparando para rexeitar as ondas migratorias dos países do Magreb. Non sexa cousa que a xuventude magrebí, namentres a nosa está suicidándose no botellón, se levante contra este orde económico e social inxusto dominado polas grandes corporacións multinacionais.

Liberdade, igualdade e fraternidade para a xuventude e cidadanía árabe que loita contra os seus propios tiranos!

Marsellesa e champán para os verdadeiros seguidores de Marx e Engels!

Guillotina de grazas saturadas para os fundamentalistas das corporacións capitalistas e para os traidores das ideas de progreso!

Túnez, unha nova ilusión! Grândola, Vila Morena…
Sigo con enorme entusiasmo, e non menor envexa, os sucesos políticos que se están producindo en Túnez. Semella ser un movimento político maduro e xenuino do propio pobo tunecino para rachar cunha ditadura recuberta de formalidade constitucional e sustentada dende hai décadas nunha férrea e discreta represión interna ao servizo dos privilexios da oligarquía tunecina e dos países europeos, especialmente Italia, Francia e España.

Dende este lado do mediterráneo fálase do efecto dominó que pode suceder, e está sucedendo afortunadamente, nos países do norte de África (Marrocos, Libia, Alxeria, Exipto) e no Iemen.

Que é preciso facer para que algo así suceda a este lado do Mediterráneo?

Ogallá o efecto dominó chegue, tamén, até estas costas narcotizadas de Europa cunhas enormes ondas de protestas esixindo, por exemplo, o control da banca; a desaparición dos paraísos fiscais controlados maioritariamente dende a city londinense; a democratización efectiva da vida pública; a desaparición de estruturas de poder oligárquicas e parasitarias –as monarquías de toda Europa–; a formación e emprego de calidade para os máis novos, e tantas outras medidas…

Que é preciso facer para que o efecto dominó chegue a este lado do Mediterráneo?

Que é preciso facer para que as centrais obreiras europeas convoquen unha folga xeral continental para torcer o rumbo neoliberal e entreguista dos gobernos europeos?

Grândola, vila morena

Terra da fraternidade

O povo é quem mais ordena

Dentro de ti, ó cidade…

Crónicas da monarquía bananeira da desmemoria
No xornal El País do sábado 22 de xaneiro, na folla 3 da sección Galicia, aparece un titular que di: «Baltar no logra dar empleo a todos los que apoyaron a su hijo» –José Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense, é un vello e rancio cacique dereitista, trasvestido, ás veces, en galeguista confesional–. Mais esa non é a «chicha» desta crónica.

Soamente a título informativo para aquelas persoas que viven lonxe da nosa terra e descoñecen o día a día –aburrido– da nosa empobrecida vida política e institucional, José Luis Baltar é o campión do «enchufe«, do «acomodo» de amigos e familiares na administración local de Ourense, dende hai moitos anos. Chega cun exemplo: para un edificio da Deputación de Ourense hai contratados máis porteiros que portas ten o edificio. Mais, tampouco é esa a cerna desta crónica.

A verdadeira «chicha» desta crónica está na omnipresente e poderosa «máquina de hacer boludos» que é a Administración pública herdada do franquismo e que chega aos nosos días viciada de privilexios, que logo, moitos dests funcionarios que dan o paso á política profesional, trasladan á vida política galega. Lamentablemente, estes vicios que conforman o ADN dunha parte do funcionariado da Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos, Universidades, Fundacións públicas, burocracia sindical e empresas próximas ás administracións, é o maior obxectivo vital de moitos galegos e galegas que procuran coa súa entrada na administración pública un salario e condicións laborais de verdadeiro privilexio para toda a vida.

Na miña utópica RIM (República Independente da Memoria) necesitamos de servidores públicos comprometidos cunha xestión pública de calidade, de proximidade humana, de formación científica e técnica continua para enaltecer o seu traballo e o patrimonio público da saúde, da educación, das prestacións sociais…

Ese é o modelo! Ese é o paradigma!

Namentres, na monarquía bananeira da desmemoria seguen axustando e engraxando a poderosa e inmobilizadora «máquina de hacer boludos».

A Cidade da Cultura «da-nada»
A inauguración dunha parte da Cidade da Cultura (un edificio extraordinario situado no Monte Gaiás – Santiago de Compostela) é un paso máis no longo proceso de pavimentar con caixóns de cemento o patrimonio natural do territorio galego baixo os pretensiosos nomes de Auditorio, Centro Cultural, Pazo de Congresos e Cidade da Cultura…, sen a máis mínima preocupación pola verdadeira creación cultural que se fai no noso país e polas obxectivas necesidades de consumo cultural que ten a maioría da nosa cidadanía (xente maior nacida e formada no medo e na ignorancia instrumentalizada polo represivo réxime franquista para perpetuarse no poder, persoas posteriormente emigradas do mundo e cultura rural ás vilas híbridas e desgaleguizadoras sen hábitos de consumo cultural).

Todas as administracións –Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos e entidades bancarias galegas –as unificadas Caixanova e Caixa Galicia, e o Banco Pastor–, xogaron nalgunhas cidades galegas na timba da «especulación inmobiliaria e a cultural» duplicando e triplicando estes sarcófagos de cemento ao servizo da cultura «da-nada». Nas vilas intermedias construíron espazos culturais desproporcionados á súa poboación e, na maioría dos casos, sen orzamento para persoal técnico, de limpeza, de mantemento e por suposto para a programación cultural.

Coa continuación da Cidade da Cultura «da-nada» ou o tamén chamado «Mausoleo de Fraga», os políticos profesionais –os teus, os dos outros e os que eran meus–, baixo o falso pretexto de crear dotacións culturais no noso país, seguen alimentando á industria do cemento, do Rosa Porriño, da lousa (nalgúns casos importada), en detrimento da racionalización dos recursos e de encher de produción cultural galega todos eses nichos de cemento que rexeitan sistematicamente a obra dos nosos creadores. Unha Lei de Cultura coa participación da cidadanía e o tecido cultural galego é fundamental, non falemos xa dunha Lei de Comunicación.

Namentres, un lobby cultural reconvertido en «dinastía» que goberna a cultura oficial e que orbita na galaxia da «mesa camilla» –sempre funcional ao poder que cadre–, instrumentaliza e fosiliza as institucións culturais galegas para perpetuar os seus múltiples privilexios.

Sen lugar a dúbidas a Cidade da Cultura «da-nada» será o lugar elixido por esta «dinastía» para facer visible o seu poder galáctico tecido ao redor da «mesa camilla».

A República Independente da Memoria
Non está mal rematar o ano 2010 rachando con tópicos eurocéntricos, oligárquicos ou de interpretacións «hamburguesadas» –que dicia o amigo do escritor Eduardo Galeano–, que desprezan aos diferentes, aos inimigos, aos «raros» como di o meu amigo Xavier Moreda. Estamos habituados a escoitar estúpidos usos, de persoas estúpidas, que recorren á expresión de «república bananeira» ou «república tercermundista» para denigrar ou denostar diferentes situacións ou comportamentos pouco aceptables polos «hamburguesados» que dicía antes.

Imos trocar os usos e comecemos a chamar «monarquía bananeira» ou «monarquía decadente» cando queiramos referirmos á cousas que pouco teñen que ver cos valores de respecto, progreso, equidade, harmonía, sostibilidade, liberdade…

Para comezar a cambiar as cousas é a miña intención converter o espazo dixital e virtual de Memoria da Galiza nunha República Independente da Memoria. Na nova RIM sodes todos benvidos! Mais, para ser cidadán da memoria tedes que rachar os elos das cadeas que vos suxeitan á antipopular e antidemocrática “monarquía bananeira”, á “monarquía da desmemoria”.

Liberdade, Igualdade e Fraternidade para o novo ano 2011:.

Marsellesa e champán para os cidadáns da memoria!

Guillotina de graxas saturadas para os «hamburguesados» da desmemoria e dos privilexios!

Latinoamérica según el grupo Prisa
El grupo de comunicación español Prisa intenta por todos los medios y en todos sus medios crear una visión y una división de América Latina entre las “democracias sólidas y serias”: Chile, México, Brasil, Colombia, Uruguay, Perú; y las “democracias populistas y autocráticas”: la República Bolivariana de Venezuela, Argentina, Bolivia, Ecuador, Nicaragua…

El grupo Prisa es “compañero de viaje” en el territorio latinoamericano de grandes conglomerados de prensa que han estado, por activa o pasiva, al servicio de la dependencia: el imperialismo norteamericano, las oligarquías terratenientes, los ejércitos golpistas y la “patria financiera”. Estos medios de comunicación no dudaron en aprovechar los procesos dictatoriales para consolidar su papel hegemónico en la comunicación, por ejemplo el “Grupo Clarín” de Argentina.

La República Argentina, por medio de una ley de medios de carácter descentralizadora, democratizadora y participativa –que regula el acceso a todos los medios de comunicación por parte de la ciudadanía–, viene a poner coto al monopolio de la información -y del papel prensa– que durante las últimas décadas detentaron unos pocos medios.

Los “compañeros de viaje” del grupo Prisa en la Argentina están contra la nueva ley de medios surgida de la democracia argentina, que Prisa define como “populista y autocrática”.

A memoria, unha arma cargada de futuro
Moito falamos da memoria histórica cando esiximos xustiza e a reparación política, moral, histórica e económica das vítimas dos procesos xenocidas que exterminaron a armenios, xudeus, xitanos, galegos, no noso caso, vietnamitas, camboianos ou arxentinos, por citar so algúns procesos de exterminio.

Mais, a memoria histórica é tamén un enorme libro da vida da humanidade escrito coa experiencia política, moral, histórica e económica de millóns de persoas onde podemos e debemos aprender dos acertos e dos desacertos do accionar humano.

Uns días atrás, dende as forzas policiais e da xudicatura española (en débeda coa nosa memoria histórica) comezaron a matinar sobre a oportunidade de cambiar a caracterización dos delitos cometidos por un grupo de independentistas galegos que empreñan a violencia contra persoas e bens, e pasar a definilos e xuzgalos como actos de terrorismo. Con todo o que iso significa.

A historia da humanidade ten escrito moitas páxinas sobre procesos de independencia nacional, económica e social; sobre revolucións de toda clase e tamén sobre as reflexións teóricas, sobre os éxitos e os fracasos deses mesmos procesos revolucionarios.

O libro da memoria tamén sinala que moitos destes mozos, transcorridos os anos, van dar cos seus osos á cadea ou pelexando para entrar nas candidaturas dos partidos do sistema.

Para as persoas que estamos na construción dun pensamento crítico e alternativo a memoria histórica e colectiva é o mellor guieiro.

Pouco sexo, moitas mentiras e vídeos basura
Se lle dás moito ao click, se estás cheo de amigos no Facebook, se estás nos primeiros postos do ranking dos blog más activos, estarás, tamén, entre as persoas menos folladoras. Ollo…, que a rede non cubra o fermoso bosque da sexualidade!

Os xornais, radios e televisións de todo o mundo difunden entusiastas a nova da saída dos efectivos militares de EEUU dedicados a tareas bélicas en Irak. Os outros 50.000 militares que quedan no país, esnaquizado pola invasión imperialista, van estar adicados á cruzar mutilados nas esquinas, ler contos aos nenos horfos e «restaurar» o himen ás mulleres violadas?

A maioría dos vídeos na rede «falan mal» e converten a este novo espazo nun enorme estercoleiro. Os militares estadounidenses ou israelíes amosando ás súas vítimas non son os únicos que contribúen a isto: a programación das televisións comerciais son as principias responsables deste lixo virtual.

Para rematar: Máis sexo, máis verdades e máis sétima arte!